ACTIVIDADES PARA O VERÁN
A chegada do verán rompe en moitos casos un ritmo de vida de traballo diario.
As vacacións preséntansenos como un horizonte máis ou menos afastado e é necesario preparalas para que se convertan realmente nun tempo de oportunidades novas e de momentos irrepetibles que non podemos deixar pasar sen máis. Cambiar de actividade é o que proponermos dende esta web para todos os que nos len. Presentamos moitas actividades organizadas dentro e fóra da Diocese de Lugo, cunha oferta moi variada tamén de temas: Bíblia, conciencia social, camiño de Santiago, danza, o mundo das misións... e un longo etcétera que nos fala da variedade e riqueza da Igrexa en xentes e en experiencia de vida. As que recollemos aquí foron recompiladas polo noso compañeiro Manuel Varela a quen agradecemos este traballo. E a todos: Feliz Verán!
QUERES PROFUNDIZAR NA BIBLIA?
A Facultade de Teoloxía de Granada organiza do 6 ó 10 de xullo un Curso Bíblico de Verán. Informan no teléfono 958 16 24 86 . A editorial Verbo Divino ten preparados cursos bíblicos sobre temas específicos, un sobre Xesucristo, do 7 ó 11 de xullo e outro sobre as orixes do cristianismo, do 13 ó 18 de xullo. Serán en Dueñas, Palencia. Máis información no teléfono 948 555 632
QUERES COÑECER MELLOR A REALIDADE SOCIAL?
Curso sobre os límites do Estado organizado pola asociación Arela de Monforte
Relatores: Antón Negro, sacerdote da Diocese de Lugo e licenciado en Socioloxía.
Alfredo Losada, avogado.
Lugar: Baixo da parroquia de San Antonio, en Monforte de Lemos.
Datas e horario: día 27 de xuño, de dez da mañá ás oite e media da tarde.
O prezo son 5 euros (quen quede a comer).
Para inscribirse, chamar a: Norma Rodríguez (675 633 436)
XI ESCOLA DE RESPONSABILIDADE: EXPERIENCIAS DE CONSTRUCCION SOLIDARIA
Organizada por Arela do 16 ó 19 de Xullo no Colexio María Inmaculada de Silleda
Os temas que se tratarán son os seguintes:
- Aprendendo a descubrir, descubrir aprendendo
- A sociedade esixe movemento fronte á inercia do capital
- Política para o pobo e desde o pobo: reflexión e acción
- Economía solidaria e social
Para máis información ou inscrición, chamar a Marta: 605 141 231
CURSO DO "FORO MICROUTOPIAS" : FORMAS ESPECULAIVAS ACTUAIS.
Do 6 ó 8 de Agosto. Organizado por: Acción Cultural Cristiá, ARELA, Promoción Solidaria e Solitec. arela@microutopias.orgEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
A LOITA CONTRA A FAME E O DEREITO HUMANO Á ALIMENTACIÓN
É un curso organizado por Mans Unidas e a Universidade Complutense de Madrid, dentro dos coñecidos cursos de verán do Escorial. Concretamente será do 13 ó 17 de xullo.
A LOITA CONTRA A POBREZA NUN MUNDO EN CRISE. HAI SOLUCIONS.
É un curso organizado tamén por Mans Unidas en colaboración nestes caso coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Será no Palacio da Magdalena de Santander, entre o 3 o 7 de agosto.
QUERES PEREGRINAR A SANTIAGO?
II Encontro Franciscano no Camiño de Santiago
- Obxectivos:
•Encontrar a Cristo seguindo as pegadas de San Francisco de Asís
•Encontrar xoves procedentes de toda Europa e compartir con eles a experiencia persoal de fe
•Coñecer o Camiño de Santiago
•Vivir e actualizar, oitocentos anos despois, os valores franciscanos para construír a Europa de hoxe
Do 9 ó 15 de agosto, entre 250 e 300 xoves farán por etapas o Camiño de Santiago, con prolongación a Muxía. Haberá 5 grupos e cada grupo fará un tramo do Camiño. Para solicitar máis información, escribir un correo electrónico a: 2009santiago@gmail.comEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
CAMIÑO DE SANTIAGO
Entre o 17 e o 24 de xullo a Compañía de María invítanos a prescindir do supérfluo; camiñar sen présas, ó ritmo dos pasos de cada un. Os peregrinos deixaranse tocar por Deus, pola natureza, pola xente e pola propia vida. Para facelo Camiño de Santiago do 17 e o 24 de xullo, inscribirse no teléfono: 655 311 594
QUERES DANZAR?
Encontro: "Danza sagrada". A danza é un proceso de purificación e sanación porque en cada movemento xorde a profundidade do ser, o que hai en cada persoa. Do 28 ó 30 de agosto de 2009 en Cercedilla. Valoración económica: 190 Euros (inclúe pensión completa). Relator: Jesús Gallego. Información e inscricións: Luns e mércores de 10 a 19 horas no teléfono: 615 024 362
UNHA EXPERIENCIA DE DANZA CONSCIENTE. BAILANDO CON SANTA TERESA AS MIL DANZAS DA VIDA
Do 29 xuño ó 3 de xullo. Encargada da curso: Leonor Araujo, Instituto Teresiano. Matrícula 60 € Aloxamento: 40 €/día (con pensión completa). Información e inscricións: Centro Internacional Teresiano - Sanjuanista – C/ Arroyo Vacas 3 – 05005 Ávila (España). Tel. 920 35 22 40 – Fax: 920 25 16 94. Web: www.citesavila.org; www.mistica.es
62 SEMANA DE MISIONOLOXIA EN BURGOS
"A Misión en situacións de conflito" é o tema da 62 Semana Española de Misionoloxía que terá lugar en Burgos do 6 ao 10 do próximo mes de xullo. O arcebispo de Burgos, Mons. Francisco Gil Hellín, inaugurará este encontro misioneiro ás 19,00 horas do luns día 6 de xullo. A continuación Mons. Amadeo Rodríguez Magro, bispo de Plasencia e membro da Comisión Episcopal de Misións, desenvolverá o relatorio "A misión ad gentes: dinamismo da acción pastoral".
A segunda xornada comezará ás 10,00 da mañá coa intervención de Eloy Bueno de la Fuente, da Facultade de Teoloxía de Burgos, co tema "É o Evanxeo fonte de conflitos?” Seguiralle Asunta Figueroa, misioneira laica de Ekumene na República Democrática do Congo, co tema "A misión entre conflitos étnicos e internacionais". Pola tarde, ás 17,00 horas, haberá dúas comunicacións: a primeira, da man de Irune Fernández López, presidenta nacional de Xuventudes Marianas Vicencianas, co tema "A misión entre os mozos”; e a segunda, co título "A animación misioneira en España desde o Servizo Conxunto de Animación Misioneira" que desenvolverá Hortensia García Alfonso, Misioneira de María Inmaculada e Santa Catalina de Siena (Misioneiras Lauritas).
O mércores, 8 de xullo, Roberto Calvo Pérez, da Facultade de Teoloxía de Burgos, participará coa conferencia "O testemuño/martirio, dimensión constitutiva da evanxelización"; a continuación, Pilar Vila San Juan Sagnier, Relixiosa de Jesús María, falará sobre "Ser cristián en Paquistán"; e, a última intervención será da man de Jesús Ángel García, misioneiro Corazonista en Perú, sobre "A misión en ambientes de narcoterrorismo".
A sesión do xoves comezará coa intervención de José María Rodríguez Redondo, sacerdote da diocese de Burgos, membro do IEME e misioneiro en Tailandia, co relatorio "A misión ante a indiferenza da cultura dominante"; a continuación, "A misión na tensión entre razas e culturas" que desenvolverá Mª Francisca Quella Castaño, da Compañía Misioneira do Sagrado Corazón, na India; e a última intervención da mañá estará a cargo de Rosario Garrido García, Servidora do Evanxeo da Misericordia de Deus, en Xapón, que falará sobre "A misión no conflito interior dunha sociedade entre a tradición e a modernidade". Pola tarde, Aitor Pastor, membro das Obras Misionais Pontificias e Delegado de Misións de Vitoria, falará aos participantes sobre "A animación misioneira entre os mozos". Pechará a cuarta xornada desta semana dedicada á misionoloxía, a intervención de Enrique Hernández, mozo laico da Delegación de Misións de Plasencia, sobre "A animación misioneira a nivel rexional: aportación das delegacións de Misións de Estremadura".
O venres, 10 de xullo, último día desta cita misioneira, terá lugar ó comezo da mañá unha posta en común do traballo en grupos; a continuación, Susana Hernández, misioneira de OCASHA. Cristiáns co Sur, dará a conferencia "A misión entre os empobrecidos: bayetes de República Dominicana"; ás 12,00, Mons. Ramón del Hoyo, bispo de Xaén e Presidente da Comisión Episcopal de Misións, concluirá as xornadas coa conferencia "A instrución pastoral da Conferencia Episcopal: Actualidade da misión ad gentes en España".
Todas as sesións celebraranse na Facultade de Teoloxía de Burgos. Para máis información e inscricións poden porse en contacto coa Delegación Diocesana de Misións de Burgos: 947 201 004; e-mail: burgos@omp.es.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
CURSO DE VERÁN: ESCOLA DE ANIMADORES PARA A MISIÓN
Encontros Misioneiros de Silos, Xornadas Nova Comunidade
Do 11 ó 13 de agosto. ORGANIZA: Cristiáns sen fronteiras. No horizonte da Escola está a gran variedade de comunidades cristiás: Congregacións Relixiosas, Institutos Misioneiros, Delegacións de Misións, grupos laicais. A razón é moi sinxela: Porque a misión non se pode entender, sen unha referencia clara, dinamizadora da comunidade. Non hai misioneiros "por libre".
A Escola busca ser unha axuda para a persoa, que na súa comunidade fai o posible para que nas institucións eclesiásticas e nos fieis se infunda o mesmo espírito de misión que tivo Cristo.
A Escola está pensada para o ministerio de animador da misión na comunidade. Porque calquera comunidade cristiá, a túa comunidade concreta, necesita ser animada para a misión, por iso existe a Escola.
Algunhas tarefas do Animador da comunidade para a misión:
- Ser profeta que denuncia a pasividade, e que chama á conversión.
- Ser buscador de novos camiños.
- Ser alento na comuñón para todos os que traballan polo Reino.
- Axuda a crecer á comunidade.
Impártense dous de dez días lectivos cada un con estas materias:
1.- O MUNDO QUE HAI QUE EVANXELIZAR
2.- A IGREXA QUE EVANXELIZA
A misión hoxe.
Aprendendo da historia da misión.
A Animación para a Misión
ONDE SE IMPARTE O CURSO DE VERÁN En terreos do Mosteiro Benedictino de Silos. Estas instalacións permiten que o curso se realice nun clima de convivencia, nun marco privilexiado de natureza, arte e espiritualidade. Hai dúas modalidades: acampada ou durmindo en hostais ou casas do pobo, convivindo durante todo o día na acampada.
TITULACIÓN Unha vez feitos dous cursos de verán, participando nos Encontros presenciais e presentando a Memoria, se a persoa ten estudos superiores, outórgase o título que o capacita para ser Animador Misioneiro. De non ter estudos superiores, outórgase o título de Colaborador na animación misioneira.
Os títulos garanten a idoneidade para exercer este ministerio. En coherencia con toda a doutrina que sustenta a existencia da Escola, o ministerio de Animador só se pode recibir desde dentro da comunidade á que vai servir.
CURSOS SOBRE A FAMILIA
Mediación e resolución de conflictos: a mediación familiar
Instituto de Ciencias para a Familia, Universidade de Navarra. 27 ó 30 de xullo de 2009.
A familia hoxe: situación, problemática e perspectivas
Profesor: Javier Ros Codoñer. Do 6 ó 10 de xullo. Horario: Mañanas 09 a 14 h. Universidade Católica de Valencia Sede de Santa Úrsula. Rúa Guillem de Castro, 94. Valencia 46003
A familia solidaria, protagonista da educación
Movemento Cultural Cristián Do 27 de xullo ó 1 de agosto . RESPONSABLES: Ana Solano, profesora de Saúde Pública da Universidade de Sevilla e Samuel Valderrey, educador e membro do equipo educativo da Escola Solidaria Iqbal Masih. Neste curso trátase de dar resposta a estas e outras preguntas:
Existe unha agresión planificada contra a familia?
Ten algo que ver a explotación laboral coa destrución da familia?
Por que se ataca á paternidade?
Por que nin os progres, nin os conservadores queren a familia militante e solidaria?
Por que o 31% dos mozos españois non remata a educación secundaria?
Que persoas está a formar o noso sistema educativo?
É posible unha educación para a solidariedade entre a nosa mocidade?
Queremos protagonizar a educación desde a familia asociada e solidaria?
- Porque o futuro da humanidade está na familia.
- Porque a familia é fonte de solidariedade
- Porque queremos unha educación solidaria.
- Porque as familias militantes foron testemuño de esperanza na historia.
- Porque para os empobrecidos a familia e a educación é cuestión de vida ou morte.
- Porque como pais e educadores necesitamos formarnos, contrastar e dialogar.
OUTROS CURSOS DO MOVEMENTO CULTURAL CRISTIÁN
EXERCICIOS ESPIRITUAIS Do 20 ó 24 de xullo con Monseñor D. Damián Iguacén, Bispo emérito da Diocese de Santa Cruz de Tenerife. ASISTENTES: Todo bautizado que queira exporse o seu compromiso apostólico.
CURSO LAICOS PARA O SÉCULO XXI
Do 27 de xullo ó 1 de agosto. RESPONSABLES: Jose Antonio Langa, doutor en matemáticas, pai de familia e militante cristián e Óscar Lavín, sacerdote diocesano de Santander e profesor de teoloxía. Este curso, Laicos para o século XXI, será sobre espiritualidade como o quefacer socio-político, cultural e económico de laicos e familias que desexan seguir a Cristo desde a encarnación nos pobres e para a transformación do mundo. Unha verdadeira primavera para a Igrexa que, como agasallo do Señor, está a acontecer entre nós.
CURSO DE CONVERSIÓN
Do 2 ó 7 de agosto . RESPONSABLES: Javier Marijuán e Juan José Medina, militantes cristiáns e José Ramón Peláez, sacerdote diocesano. TEMAS: Situación do noso mundo, a mensaxe de Cristo como resposta, o ser humano, o amor de Deus, o que facer para transformar o mundo
CURSO DE FORMACIÓN POLÍTICA
Do 25 ó 26 de xullo. RESPONSABLES: Javier Marijuán, avogado, e Carlos Llarandi, químico e educador. Militantes cristiáns. Farase unha análise da realidade social e haberá propostas para unha acción solidaria.
CURSO DE POLÍTICA: TRABALLO SOBRE CAPITAL
Do 2 ó 7 de agosto. RESPONSABLES: Jesús Benítez, avogado e Rosario Torres, economista. Militantes do Movemento Cultural Cristián. "O traballo humano é a verdadeira fonte de riqueza na sociedade, non o capital, nin o Estado, nin a especulación financeira. Neste curso profundaremos no funcionamento do sistema político e económico inxusto e insolidario no que vivimos, para dispornos a combatelo e construír unha nova política, ao servizo do ben común, onde o traballo estea sempre por riba do capital".
CURSO NORTE-SUR: Solidariedade é compartir até o necesario para vivir
Do 18 de agosto ás 17.00 h. ao 23 de agosto ás 22.00 h. RESPONSABLES: Ester Moleón e Fernando Custa, militantes do Movemento Cultural Cristián. As nosas conciencias non poden tolerar nin un minuto máis a fame e a violencia no mundo. As nosas conciencias non están feitas para parches, están feitas para unirse ás loitas solidarias dos empobrecidos. E iso é o que se quere transmitir neste curso.
OUTROS CURSOS DO CENTRO INTERNACIONAL TERESIANO-SANJUANISTA DE ÁVILA E A UNIVERSIDADE DA MÍSTICA
•9 tarde-10 julio: Discernir lo sano e insano en la vida espiritual (Emma Martínez)
•11-14 julio: Jesús Mistagogo (Silvio Baez)
•15-16 julio (mañana): Principios Mistagógicos y antropológicos según Edith Stein (J. Sancho)
•17-18 julio: Acompañamiento mistagógico en Juan de la Cruz (Juan Antonio Marcos)
•20-28 julio: Spiritual Retreat: Curso teresiano ecuménico en inglés
•27 Julio-2 agosto: Ejercicios espirituales: Conocer y cultivar la vida interior – (Rómulo Cuartas Londoño ocd)
•3-9 agosto: Espiritualidad y mística en clave de mujer (M. José Mariño, cm) - matrícula 60€ - alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
•10-16 agosto: La experiencia del Dios amor. Un proyecto de vida según Santa Teresa de Lisieux (Rómulo Cuartas Londoño, ocd) - matrícula 60€ - alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
•17-23 agosto: Vivir la gratuidad del amor según San Juan de la Cruz – (José Vicente Rodríguez, ocd) - matrícula 60€ - alojamiento: 40€/día (con pensión completa)
•24-30 agosto: La noche oscura de Teresa de Jesús. Crisol y pasión de la persona enamorada (Teresa Gil, stj) - matrícula 60€ - alojamiento: 40€/día (pensión completa)
•31 agosto - 6 septiembre: Vivir en las manos de Dios: temas de espiritualidad en Edith Stein. (Fco. Javier Sancho. ocd) - matrícula 60€ - alojamiento: 40€/día (pensióncompleta)
•9-13 septiembre: Iº Congreso Internacional: “La Biblia: el LIBRO de la Contemplación” - matrícula: 120€ - alojamiento: 42€/día (con pensión completa)
•30 septiembre-4 octubre: IIº Congreso Internacional Mística y Pensamiento: Hacia una comprensión integral de la persona humana. Edith Stein y su aportación al hombre contemporáneo. - matrícula 120€- alojamiento: 42€/día (con pensión completa)
INFORMACIÓN E INSCRIPCIONES: Tel. 920 35 22 40 – Fax: 920 25 16 94
CITeS – C/ Arroyo Vacas 3 – 05005 Ávila (España) Web: www.citesavila.org; www.mistica.es
A Universidade de Valencia organiza os seguintes cursos:
Socioloxía da Relixión na situación española 29 de xuño ó 1 de xullo
Diálogo Interrelixioso 6 - 8 de xullo
Papel das relixións na sociedade democrática e pluralista 13 - 15 de xullo
Relixión e Dereitos Humanos 20 - 22 de xullo
Ejercicios Espirituales Ejercicios de crecimiento espiritual.
Comienzan la noche del día 2 y terminan después de comer del día 10 de xullo. Xavier Quinzá Lleó S.J. Localidad: Galapagar. Provincia: Madrid. Congregación: Institución Javeriana. Dirección: C/ Navalonguilla, 10. C.P.: 28260. Telfs: 91 85844 14 / 91 8584488. Fax: 91 858 1406. Correo electrónico: smariagalapagar@planalfa.esEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla . Precio: 20 €
LA REHABILITACIÓN SOCIAL DE NUESTROS PRESOS: UNA TAREA COLECTIVA (especial referencia al caso gallego)
Salón de Grados da Facultade de Dereito. Director: José Manuel Lorenzo Salgado Secretario: Javier Fernández Agrafojo
14 de julio
9:30 Recogida de documentación.10:00Presentación del curso.
10:15Conferencia: Ley Penitenciaria: presente y perspectivas de futuro.
José Luís de Castro, Juez de Vigilancia Penitenciaria de la Audiencia Nacional.
12:00 Testimonios: Historias de vida: juventud y prisiones.
Debate con un grupo de internos. Centro Penitenciario de Teixeiro.
16:00 Juventud y prisión en los centros penitenciarios gallegos. Descripción y análisis de los programas de Intervención.
Directores de los centros penitenciarios gallegos (pendiente de confirmar).
18:00 Teatro o actividad lúdica representada por internos de alguno de los centros de Galicia (pendiente de confirmar).
16 de julio
10:00 Mesa redonda: Las penas privativas de libertad: perspectivas penal y penitenciaria. José Manuel Lorenzo, moderador.
Fidel J. del Río Pardo e Javier San Claudio Piñón. Xuíces de Vix Penit
Emilio Cortés Bechiarelli. Profesor Titular de la Universidad de Extremadura.
12:30 El Proyecto Nelson Mandela: Programa de Preparación para la Libertad, dirigido a jóvenes penados.
Equipo del Plan de Inclusión Social del Consorcio de Inclusión Social de la Xunta
16:00 Mesa redonda: ¿Puede ser la cárcel un espacio educativo? La problemática del aprendizaje formal y no formal en el ámbito penitenciario.
Educadores y coordinadores de tiempo libre de los centros penitenciarios gallegos
18:15 Experiencias: La participación universitaria en Teixeiro, y El voluntariado intergeneracional de la Ciberaula de Vilalba.
17 de julio
10:00Y después de la cárcel,… qué?. Enrique Arnanz. Sociólogo.
12:00 Presas jóvenes. Concepción Yagüe. Subdtra Xral de Xestión Penitenciaria.
16:00 Cineforum: Cadena Perpetua, Frank Darabont, 1994.
Modera Antonio Boñar, crítico de cine de La Opinión.
19:00 Cineforum II.
18 de julio
10:00h: Política penitenciaria, ¿política social?. Mercedes Gallizo,
12:00Evaluación de las jornadas.
12:30 Clausura del curso

