Secciones

Noticias / Formación

Galería

Enlaces

PASCUA 2009

Foto de noticia¡¡ FELICES PASCUAS DE RESURECCION !!

Felices Pascuas de Resurrección!
Na Pascua deste ano 2009 a Diocese de Lugo, a través da Delegación de Medios de
Comunicación, pon en marcha un novo servizo para facer circular as nosas novas dun xeito más
áxil, tanto a nivel interno coma externo. E como non podía ser doutro xeito o medio a utilizar é a
Internet. Rapidez é o que buscamos e rapidez é o que nos proporciona este medio, ademais da
reducción de custos de difusión.
É ésta unha iniciativa orientada tamén a animar ós sacerdotes e a todas aquelas persoas que
están a colaborar en delegacións, secretariados, parroquias e movementos a que se suban a
este carro das novas tecnoloxías. Xa son moitos os que o fan, pero poden ser moitos máis.
En canto ó nome do proxecto @nosavoz, representa continuidade e evolución, características
toda institución eclesial. Aquí podemos atopar unha conxunción da revista A Nosa Voz, clásica xa
na Diocese de Lugo dende hai moitos anos, e do Breviario, a páxina web diocesana, tamén xa
referente informativo en moitos ámbitos despois de 12 anos de funcionamento ininterrumpido.
O sistema é simple: Inclusión de titulares máis ou menos subtitulados, a xeito de adianto, das
novas que se van producindo no día a día no noso entorno. Moitas desas novas poderán ser
contempladas logo con máis amplitude a través da páxina web, A Nosa Voz, o Boletín Oficial ou
na programación relixiosa de Cope.
Espero que este novo medio de comunicación sexa útil para todos os receptores e abro ó
mesmo tempo este servizo para a recepción de novas para compartir entre a comunidade
diocesana ou a sociedade en xeral. Poden envialas a: medios@diocesisdelugo.org ou a
Delegación de Medios no Bispado.
Un saúdo afectuoso,
José Manuel Castro Alba
Delegado diocesano de Medios de Comunicación