Secciones

Noticias / Formación

Galería

Enlaces

Falecemento da nosa irmán Loli Osorio.


Fúcheste, Loli, pero sempre estarás entre nós, nos nosos corazóns.

A Dolores Osorio Linares.

Fúcheste, Loli, pero sempre estarás entre nós, nos nosos corazóns.
Como membro da Directiva da nosa Confraría e da Orde Franciscana Segrar, eres un verdadeiro exemplo para todos nós. A túa capacidade de traballo, a túa continua entrega ós demáis, a túa humildade e caridade manifestamente demostradas en todos e cada un dos teus actos, colocándote sempre no derradeiro lugar.
Poucos, moi poucos sabiamos da túa extensa preparación académica, das túas actividades empresariais e por suposto, da túa pertenza e compromiso con asociacións de axuda ó próximo, como Alume, (Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentáis) ¡¡¡Canto temos que aprender de ti!!! Ti que te negaches sempre a que o teu nome figurase en nada de todas aquelas cousas que propuxeches e que grazas a ti fixéronse realidade. Ti que sempre nos apoiabas ós que en máis dunha ocasión, fallábannos as forzas. Ti, que conseguiches que todos os que estivemos estes anos perto de ti, hoxe sexamos un pouco mellores.
Grazas, Loli pola túa presenza, e, sabendo que xunto a San Francisco, á nosa Nai das Dolores e xunto ao Pai velarás por todos nós, non te diremos adeus, simplemente e con todo o noso amor, ¡¡ata sempre!!.

Confraría do Desenclavo e dos Maiores Dolores de María Santísima.